Vistas de página en total

viernes, 13 de diciembre de 2013

O film máis pequeno do mundo

Investigadores de IBM conseguiron realizar unha curtametraxe de 90 segundos con só 242 fotogramas, empregando átomos que nos mostran as imaxes dun rapaz xogando coa súa pelota e saltando nun trampolín elástico: A Boy And His Atom (Un rapaz e o seu átomo). Manipularon os átomos e fotografiaron as imaxes unha a unha cun microscopio de efecto túnel. O resultado está ampliado nada menos que 100.000.000 (cen millóns!) de veces. Vexamos xogar ós átomos:



miércoles, 4 de diciembre de 2013

Nico e os videoxogos para PS2

Nico xa vai polo seu terceiro blogue! A produtividade de Nico é moi alta, así que xa empezou o seu terceiro blogue, agora adicado ós xogos da PS2, unha consola lanzada ó mercado o 4 de marzo do 2000 en Xapón e que Nintendo deixou de fabricar o 13 de xaneiro do 2013. En pouco tempo leva xa sete entradas, así que supoñemos que seguirá coa súa alta produtividade de sempre!

O primeiro Mario Bros., xogo de arcade lanzado en 1983 para a NES:


As motos e o motor, de Nacho Rivas

Nacho Rivas empezou un blogue na que nos irá mostrando aquilo que lle apaixoa: as motos e o motor. Polo de agora as súas entradas inclúen fotografías de motos cunha certa preferencia pola cor azul. Agardamos que as súas entradas sucesivas nos vaian ilustrando cada vez máis sobre unha das disciplinas que máis éxitos leva proporcioado ó deporte español.

No vídeo podedes ver algún dos mellores momentos do Gran Premio de Valencia de 2013:


martes, 3 de diciembre de 2013

Lugares del mundo, un segundo blogue de Verónica Vázquez

Verónica Vázquez tiña problemas para publicar no seu blogue en webnode, así que decidiu abrir un novo blogue en blogger. Se o anterior era un blogue de literatura, este éo de viaxes, lugares do mundo interesantes e atraíntes. O paso seguinte podería ser un blogue no que literatura e lugares se unan...

O vídeo que podedes ver seguindo esta ligazón móstranos unha ruta na comarca de O Salnés que evoca a infancia e xuventude de Julio Camba, Valle Inclán e Ramón Cabanillas:
http://www.youtube.com/watch?v=tUNKth6kH98

Neste outro, que xa podedes ver aquí, mostrasenos unha ruta literaria arredor da figura do poeta Miguel Hernández:


Infantil B comentarios borja, un blogue de fútbol por Borja Rey

Infantil B comentarios borja é un blogue de fútbol no que Borja Rey nos vai contando as súas experiencias co equipo de fútbol de Infantil B do Sporting Estrada, ademais dalgunha entrada sobre o fútbol en xeral. Os seus comentarios son iso, é dicir, son seus e polo mesmo poden ou non seren compartidos pero, en calquera caso, son sempre interesantes.
Borja, de negro, co Alevín A:

jueves, 28 de noviembre de 2013

Libroesunmundo (La inteligencia depende de un libro), de Verónica Vázquez

Libroesunmundo (La inteligencia depende de un libro), de Verónica Vázquez, é un blogue de literatura, no que Verónica nos irá contando acerca dos libros que le, dos que lle gustan, dos que están de moda, e outros temas relacionados coa letra impresa.
No seguinte enlace podedes descargar o libro Como agua para chocolate, de Laura Esquivel, unha das mellores historias de amor xamáis escritas, e que foi levada ó cine por Alfonso Arau. Se queredes ver a película podedes facelo dende este outro enlace.


miércoles, 27 de noviembre de 2013

Un blogue de moda, por: Natalia Fuentes

O blogue de Natalia Fuentes é un blogue de moda: Moda en casa. A moda infantil feminina outono inverno desta tempada, un desfile de roupa infantil en Valencia e unha suxestión de botas de fútbol, son as entradas que publicou ata o de agora. Agardamos novos consellos no futuro.
No seguinte vídeo, vemos un pouco da exposición adicada a Yves Saint Laurent, celebrada en Madrid no 2011: