Vistas de página en total

jueves, 28 de noviembre de 2013

Libroesunmundo (La inteligencia depende de un libro), de Verónica Vázquez

Libroesunmundo (La inteligencia depende de un libro), de Verónica Vázquez, é un blogue de literatura, no que Verónica nos irá contando acerca dos libros que le, dos que lle gustan, dos que están de moda, e outros temas relacionados coa letra impresa.
No seguinte enlace podedes descargar o libro Como agua para chocolate, de Laura Esquivel, unha das mellores historias de amor xamáis escritas, e que foi levada ó cine por Alfonso Arau. Se queredes ver a película podedes facelo dende este outro enlace.


miércoles, 27 de noviembre de 2013

Un blogue de moda, por: Natalia Fuentes

O blogue de Natalia Fuentes é un blogue de moda: Moda en casa. A moda infantil feminina outono inverno desta tempada, un desfile de roupa infantil en Valencia e unha suxestión de botas de fútbol, son as entradas que publicou ata o de agora. Agardamos novos consellos no futuro.
No seguinte vídeo, vemos un pouco da exposición adicada a Yves Saint Laurent, celebrada en Madrid no 2011:


Natalia Souto e os animais: mundoanimal

Natalia ten un blogue de animais: mundoanimal. Nel, podemos atopar entradas referidas ós animais típicos de África, ó galgo español e ó esquío voador. Irá engadindo novas entradas nas que nos falará doutros animais. O campo de traballo é grande, pois hai aproximadamente 7,77 millóns de especies animais non se inclúen razas) no planeta, das que só 953.434 están descritas e catalogadas (El País, 23/08/2011).
Inclúo a primeira gravación no seu medio dun calamar xigante, unha criatura que se creeu mítica durante moito tempo:

martes, 26 de noviembre de 2013

El republicanito: un blogue político de Jonathan Iglesias

Joni traballa nun blogue de contido político, cun significado explícito no título: El republicanito. Publicou xa tres entradas e agardamos que siga na mesma liña.
Achegamos aquí un vídeo homaxe ás Brigadas Internacionais que participaron na Guerra Civil española apoiando á República:


Tamén unha páxina que inclúe cancións da Guerra Civil:

http://www.guerracivil1936.galeon.com/canciones2.htm

Un blogue de Brais Vila adicado ó Celtiña!

O noso celtiña é o tema que escolleu Brais para o seu blogue Celta el equipo gallego en 1º división. Polo de agora leva cinco entradas, pero seguro que nos irá comentando os partidos da liga, e oxalá que neste ano faga unha boa campaña. Aló vai a mítica canción de Mostovoi, o zar de Balaídos:


La ciberbiblioteca: Nerea Peleteiro e o poder das palabras

Nerea Peleteiro obséquianos cun blogue adicado á literatura: La ciberbiblioteca, na que comenta e ás veces cita libros de tódalas especies, con especial e lóxica adicación a aqueles que máis lle atraen. Hai unha característica a destacar, pois require un traballo adicional: todas as entradas son bilíngües, en español e en inglés. Tendo en conta que a súa é unha ciberbiblioteca, incluímos aquí unha entrada que recomendo a todos: www.elaleph.com, unha páxina adicada á difusión da cultura onde podedes atopar ciberlibros gratuítos e que fai referencia ó aleph de Jorge Luis Borges.


Nena Daconte interpreta a canción Aleph, inspirada no conto de Borges:


viernes, 22 de noviembre de 2013

Pablo Valiño: animais en perigo de extinción

Pablo decidiu traballar sobre os animais en perigo de extinción e polo de agora leva catro entradas, sobre o lince ibérico, a balea beluga, a caza e o panda vermello. Agardamos ver moitas máis dese estilo e que axude a algunha xente a concienciarse do que perdemos cando perdemos un ser vivo. Inclúo un curto vídeo de dez novos animais atopados na Antártida, xa que moitas especies pode que as perdamos antes de telas atopado!:


"Música más coches"... by... Damián Vicente!

Damián traballa nunha combinación que da moito xogo ás compañías cinematográficas: a conxunción entre coches e música. Algún destes días seguro que fai referencia á serie "A todo gas" ou "Fast & Furious" na que o xénero acada a máxima expresión. Vai aló o trailer da séptima e polo de agora última entrega da serie:


Alba Sande: Factor atletismo

Alba leva xa seis entradas no seu blogue Factor atletismo, engadindo así outro blogue máis á sección de deportes, que polo dagora vai francamente destacada. Unha das entradas é acerca de Usain Bolt, o home máis rápido do mundo, así que inclúo un enlace aquí á súa páxina persoal, en inglés, outro á páxina da wikipedia, en castelán, e en galego, onde poderedes apreciar a necesidade de que cooperemos no crecemento dunha ferramenta tan útil coma esa. E, para rematar, un vídeo de Usain Bolt facendo o que mellor sabe, correr!




jueves, 21 de noviembre de 2013

Como incluir un hiperenlace en blogger

Ás veces queremos incluir un hiperenlace e nos liamos un pouquiño. Se ben a maioría de vós xa sabe facelo, polas dúbidas, explicaremos aquí o proceso, simple por outra banda:
A.- Incluir un hiperenlace co texto da URL completo (o enderezo que aparece na barra do buscador, vaia):
   1.- Escollemos a páxina á que queremos redireccionar, por exemplo, a deste blogue. Situamos o rato enriba da barra do buscador, clicamos e seleccionamos a URL:


   2.- Prememos botón dereito do rato e seleccionamos Copiar:


   3.- Imos ó editor de blogger e prememos en Ligazón, sairanos este cadro de diálogo:





   4.- En Enderezo web, pegamos a URL copiada previamente (colocamos o cursor dentro da barra, pulsamos botón dereito do rato e seleccionamos pegar), dámoslle a aceptar e listo!


B.- Podemos incluir un hiperenlace sen que apareza a URL completa, de dúas maneiras:

   1.- Cambiando o nome que figura en Enderezo web:





   2.- Marcando unha palabra, por exemplo neste caso
Bloguedblogues e logo abrindo Ligazón e seguindo os pasos anteriores:


Observade que agora figura en Enderezo web a palabra -ou grupo de palabras- previamente seleccionado. Logo seguimos o resto dos pasos.

E agora, a practicar!

Marta e a paixón por viaxar: Viajeros por el mundo

Un soño de todos nós é viaxar, coñecer outros lugares e otras xentes, diferentes culturas, coas súas particulares arquitecturas e a súa cociña, os seus bailes e os seus traxes, os sons das lingoas e o arume dos mercados... Un chisco de todo esto váinolo ir achegando Marta no seu blogue Viajeros por el mundo, así que dádevos unha voltiña por el que a viaxe está paga!

Propóñovos un reto: alguén pode adiviñar onde foi tomado este vídeo? (por suposto, se o adiviña alguén, ten un punto máis na nota da primeira avaliación e unhas chuches na cafetería):


Lo más de los animales: blogue de David Sueiro

Que a David Sueiro lle gustan os animais parece claro e, se non pensamos así, non temos máis que botarlle unha ollada ó seu blogue: Los Animales, El Perro, Perrotón Madrid 2013 e El Gato, son as entradas que leva ata o de agora. Polo pronto centrouse en animais domésticos, pero seguro que iremos vendo de todo ó longo do curso. Para animar a súa entrada do Gato, inclúo aquí unha foto que tomei en Piornedo, nos Ancares lugueses, a principios deste outubro, onde podemos ver un trío de crías de gato de raza europea disfrutando do sol da outonía:


El Mundo del Triatlón: un blogue de Suso Souto

Suso Souto está a traballar no seu blogue El Mundo de Triatlón que como podedes adiviñar trata dun deporte que está formado pola suma doutros tres: natación, ciclismo e carreira pedestre. O máximo representante español desta disciplina é Francisco Javier Gómez Noya, fillo de galegos emigrados a Suiza, e que foi campeón mundial sub-23, campeón europeo e tres veces campeón mundial, Ademais, nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 rematou en cuarto lugar en nos de Londres 2012 conseguiu a medalla de prata, primeira medalla do triatlón español nun xogos olímpicos.

Un pantallazo da segunda entrada no blogue de Suso:


Wing Tsun, o deporte que eu practico

O Wing Tsun (詠春), Wing Chun, ou Wing Tjun, é unha arte marcial de orixe chinés, transmitida por tradición oral, que seguramente foi desenvolvido pola monxa shaolín Ng Mui quen ensinou o seu estilo de combate á xove Yim Wing Chun (de onde ven o nome, bela primavera) para que puidera defenderse dun matón local que quería que casara con el. É un estilo simple e directo, que da unha liberdade total ós seus practicantes sempre que aplique unhas teorías e uns principios de combate que funcionan en calquer situación e que pode ser practicado por todo o mundo xa que non implica ter unha gran condición física. O WT é unha técnica de defensa persoal agresiva, na que manter o dominio da liña central é prioritario, ó igual que rematar o máis axiña posible o conflito. Ten similitudes co Tai Chi, co que comparte moitos movementos, parecendo ás veces unha especie de tai chi acelerado. Póñovos un par de vídeos para que vexades como funciona:

o meu profesor, Sifu Adrián Traba




empeza polo que se chama formas, un proceso de estiramento e quentamento que lembra moito ó Tai Chi, pero no que estás realizando movementos que logo se empregan no combate:


O blogue de María: Los deportes mundiales

María está a facer un interesante blogue sobre os deportes mundiais. Ata hoxe, leva publicadas tres entradas: os deportes acuáticos, o atletismo e o ciclismo. Agardamos ver os seus comentarios sobre outros deportes, a ver con que nos sorprende. Se queredes velo, non tedes máis que clicar sobor da palabra blogue resaltada enriba. Engado unha captura de pantalla do seu blogue na que tamén está o mesmo hiperenlace:


http://losdeportesdelmundomundial.blogspot.com.es/

martes, 19 de noviembre de 2013

Os blogues de Nico: dous a falla dun

Nico ten dous blogues, un sobre fórmula un e o outro sobre o Pro Evolution Soccer, un videoxogo de fútbol (football en inglés é o fútbol americano, mentras que o que nós chamamos fútbol é o soccer). Enriba, no subliñado, están os hiperenlaces ós seus blogues e embaixo un vídeo que Nico colgou no seu blogue do PES 2014:


Cristina e o seu blogue de cociña

O blogue de Cristina é un blogue de cociña, un dos temas recurrentes na web. Nel poderedes atopar receitas interesantes e tamén fáciles. Recomendo que o visitedes: http://elprimerplat.blogspot.com.es/

Este vídeo tamén o podedes ver no seu blogue, a que molan?


Benvida ó voso blogue!

Este é un blogue dos blogues do alumnado do curso de primeiro de ESO B do IES Antón Losada Diéguez de A Estrada, Pontevedra. Aquí poremos os enlaces ós vosos blogues do proxecto de aula, algunha das vosas entradas e exemplos dos traballiños que vos vou encargando.
Acompaño un enlace ó blogue de electrónica do Antón Losada:
http://electronicaald.blogspot.com.es/